Ribadeo apoia con 46.000 euros a un total de 14 colectivos do municipio

O Concello optou por dar subvencións nominativas aos clubs deportivos para axilizar así o cobro
das mesmas
2020081412173619649
photo_camera Firma do convenio, o xoves. EP

O Concello Ribadeo asinou un convenio cun total de catorce clubs deportivos dos municipios mediante o cal lles concede distintas subvencións por un importe total de 46.000 euros. Este ano as subvencións serán nominativas para, desta forma, axilizar o cobro das mesmas por parte destas entidades e así poder aliviar a súa situación económica a consecuencia da problemática do coronavirus.

Desta forma, os clubs poden acceder a un adiante da subvención de ata o 80 por cento da mesma. O concelleiro de deportes, Jorge Díaz, explicou que xa están a xestionar as subvencións competitivas do ano pasado "que vai incluída co capítulo extraordinario non presuposto deste ano 2020, que serían outros 30.000 euros en total, porque vai todo neste mesmo orzamento, diversificado con distintas pautas, pero vai todo para os clubs este ano".

Para o concelleiro esta é unha forma clara de apoiar o deporte "sobre todo o de base que é polo que sempre apostamos. Dicir que os clubs sexan cautos este ano e que pidan o que poidan xustificar. É un ano extraordinario para ou deporte tamén". Engadiu que pretenden reforzar os clubs "para que a xente siga facendo deporte, para que os nenos e nenas sigan practicando deporte en Ribadeo nos diversos clubs, facetas e versións do deporte. Esperemos que pronto poidamos ter unha normalidade deportiva e que poidamos gozar como viñamos facendo".

Comentarios