O mozo pianista ribadense de 23 anos Guillermo
No centro no que se formou destacan del ''a elegancia nos seus movementos e a súa actitude no escenario, unindo á súa paixón polo piano un gran interese pola música vocal e a pedagoxía''.
Desde os trece anos Guillermo Cruzado asistiu a numerosos cursos entre os que se atopa o de Música en Compostela e estudou con importantes mestres como Josep Colom, Ricardo Requejo e Luís Fernando Pérez.
Interesado na música vocal, formou parte do coro Organum do Conservatorio Profesional de Música Arturo
Do seu labor docente cabe destacar a experiencia formando a mozos músicos para o acceso ao conservatorio coa misión de difundir a música clásica e a súa paixón pola mesma.
No seu concerto de fin de máster elixiu pezas co fío condutor das despedidas.