jueves. 28.05.2020 |
El tiempo
jueves. 28.05.2020
El tiempo

Unha ribadense con case 100 anos aplaude aos sanitarios con castañolas

Fernanda, coas castañuelas no seu balcón. P.V.
Fernanda, coas castañuelas no seu balcón. P.V.

Á porta de chegar a un século de vida a ribadense Fernanda González de Sela é unha das que non se perde nunca a homenaxe que boa parte da poboación rende ás oito da tarde ao persoal sanitario que estes días se xoga literalmente a pel para tratar de paliar os efectos desta pandemia.

Fernanda é unha veciña ben coñecida en Ribadeo. Vive nunha das impresionantes casas de indianos da localidade, na Virxe do Camiño, e desde o seu balcón central cada día sae cos seus familiares non a aplaudir exactamente, senón a tocar as castañolas.

Agora iso cústalle menos e tenas dominadas, porque as manexou á perfección durante décadas. Aínda hoxe non ten ningún oitas veces á propia Fernanda para animala, aínda que parece non necesitalo e segue co bo humor e a humildade da que fixo gala toda a súa vida.

Unha ribadense con case 100 anos aplaude aos sanitarios con castañolas