A rexedora de Barreiros supera o covid e reincorpórase á alcaldía

Ermida deu o sábado positivo, aínda que o médico certificou que a súa carga viral é "residual" e recibiu o alta
Ana Ermida. EP
photo_camera Ana Ermida. EP

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, recibiu o alta epidemiólogica. A pesar de que a PCR que lle realizaron a pasada semana deu o sábado un resultado positivo en covid, "a miña médica de cabeceira comprobou que a carga viral é residual e non existe risco de contaxio", indicou nas súas redes sociais a propia rexedora.

Ermida agradeceu "a quen me axudástedes a que lestes vinte días pasasen a correr, permitístedes que todo seguise andando e me coidástedes", afirmou, á vez que confirmou que este martes regresará fisicamente ao seu posto de traballo.

Comentarios