A reunión da ministra co comité de Alcoa queda aprazada ata venres

Nela prepararase a visita da política de Pittsburgh
Reyes Maroto. AEP
photo_camera Reyes Maroto. AEP

A reunión que a ministra de Industria, Reyes Maroto, tiña previsto manter este martes con representantes do comité de empresa de Alcoa San Cibrao e da Xunta de Galicia, para fixar unha "folla de ruta" no relativo ás negociacións para a venda da fábrica de aluminio primario non chegou finalmente a celebrarse.

O presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, confirmou que, en principio, esa reunión, supostamente para preparar a visita da propia ministra a Pittsburgh, Estados Unidos, para tratar coa dirección da multinacional o traspaso da fábrica, celebrarase este venres, 9 de xullo.

En todo caso, tamén precisou que, a día de hoxe, aínda non hai hora para a celebración dese encontro.

Por outra banda, o comité confirmou que a propia Alcoa informou os traballadores de que xa hai dúas "empresas", dos catro posibles compradores, que se strong <>achegan moito ás condicións establecidas pola multinacional para negociar a venda.

"Os cambios que propoñen, que lle piden a Alcoa", esas dúas empresas "son mínimos", dixo Zan a Efe. No caso das outras, "habería que negociar un pouco"máis , aclarou.

"Agora, Alcoa quere que a Sepi diga se quere proseguir a negociación con esas empresas con  as que o acordo está case pechado ou se quere negociar tamén coas outras dúas", aclarou. 

Comentarios