O Resu vendeu todas as entradas o sábado e pecha a edición con 81.352 asistentes de 42 países

É o terceiro ano que o Resurrection Fest colga o cartel de 'non hai entradas' para un dos días

Asistentes al Resurrection Fest 2018. IRIA LV
photo_camera Resurrection Fest 2018. IRIA LV

O Resurrection Fest de Viveiro vendeu todas as entradas na xornada do sábado, con Kiss e Prophets of Rage como cabezas de cartel. 

Concluída a décimo terceira edición, os organizadores cifran en 81.352 os asistentes de 42 países distintos. Este dato contabiliza e suma o público de cada un dos días, que no caso dos que tiñan o abono é a mesma persoa. 

É o terceiro ano que o Resurrection Fest colga o cartel de 'non hai entradas' para un dos días. O ano pasado, foi coincidindo coa actuación de Rammstein, e o anterior, con Iron Maiden como prato forte. 

Este ano houbo máis cambios de horarios dos habituais a última hora debido a voos cancelados e problemas de loxística, polo que os organizadores agradecen a comprensión do público. Polo demais, a edición transcorreu con normalidade, sen incidentes. "Viveiro segue sendo un dos alicerces neste festival. Conseguir esa implicación coa súa xente, quen recibe cos brazos abertos a todos os peregrinos, fai que a experiencia do noso público sexa totalmente diferente á de calquera outro festival", resaltan. 

Así, "en especial", dá as grazas aos veciños de Celeiro, que "sofren" os problemas na circulación, ruídos e demais, "e a pesar de todo, seguen contentos" recibíndoos todos os anos. 
 

Comentarios