sábado. 28.05.2022 |
El tiempo
sábado. 28.05.2022
El tiempo

As residencias da Mariña teñen xa 32 usuarios contaxiados de covid-19

Realización de las pruebas del covid-19 en la residencia de Xove. EP
Realización de las pruebas del covid-19 en la residencia de Xove. AEP

O número de contaxios por covid-19 segue crecendo nas residencias da terceira idade da Costa lucense. A cifra ascende xa a 32 casos, logo de confirmarse con probas diagnósticas novos casos. 

A residencia da Fundación San Rosendo no Valadouro encabeza o ranking con 16 usuarios que contraeron o coronavirus, seguida da de Xove que xestiona a mesma empresa e que ten xa oito contaxiados entre os seus maiores.

A estes hai que sumar tres catro dos apartamentos tutelados do Valadouro e outro nos de Xove, da mesma firma; así como tres na residencia de San Cibrao, que xestiona a asociación Idade Dourada Mensaxeiros da Paz.

As residencias da Mariña teñen xa 32 usuarios contaxiados de covid-19