Rescatados dous maiores que se despeñaron co seu vehículo en Vegadeo

Foi necesario estabilizar o coche con puntais e cuñas de escaleira e aseguralo cunha corda antes de serrar a lúa dianteira para que puidesen saír do auto
Accidente en Vegadeo. SEPA
photo_camera Accidente en Vegadeo. SEPA

Dúas persoas se despeñaron pola estrada que leva desde a localidade asturiana de Vegadeo ata o alto coñecido como La Garganta, a uns tres quilómetros da localidade veigueña. O vehículo saíuse da estrada por circunstancias descoñecidas e, segundo os datos facilitados polo Servizo de Atención Médica Urxente (Samu), os dous ocupantes resultaron feridos. Foron un home de 76 anos e unha muller de 81, trasladados, por precaución, ao Hospital de Jarrio.

As dúas vítimas presentaban policontusións de carácter leve, á espera de máis probas e ata nova valoración médica. Ata o lugar do accidente desprazáronse efectivos de Bombeiros do Saiba (Servizo de Urxencias do Principado de Asturias) con base no parque de Varres.

Os afectados, aínda que non estaban atrapados fisicamente, non podían saír do vehículo debido ao estado no que quedara. Foi necesario estabilizar o coche con puntais e cuñas de escaleira e aseguralo cunha corda antes de serrar a lúa dianteira por onde os dous afectados saíron, tras colocarlles un collarín, polo seu propio pé. Os bombeiros axudáronos a subir á estrada por un desnivel de entre 8 -10 metros

Localizarlles tamén foi un problema. Puideron chamar por teléfono ao 112 e os operarios pedíronlles que tocasen o claxon de vehículo. Foi un ciclista o que os ouviu, parou e facilitou a súa localización exacta aos equipos de urxencias. Acudiron  os bombeiros e a Garda Civil, que tiña unha patrulla tamén tratando de localizalos. Pouco despois os bombeiros informan que están cos afectados e tras estabilizar o vehículo excarceraron aos ocupantes.