Renuncia outro edil do equipo de goberno de Foz

Héctor Morredes será substituído en educación e cultura por Javier Fraga
Héctor Morís. AEP
photo_camera Héctor Morredes. AEP

Héctor Moris, concelleiro de Educación, Cultura e Festas en Foz, renunciou ao cargo "por motivos persoais e familiares" e será substituido por Javier Fraga, que integrou a lista do socialista Fran Cajoto. Como alcalde, este agradeceu a Moris "ou seu labor, que quedou ben patente, incluso nunha época tan complicada como a que estamos a vivir". 

é a segunda renuncia desde principios de ano no equipo de goberno Foz, tras a de Verónica Pena, número tres da lista ás eleccións, que renunciou á acta por un conflito de intereses entre o centro de día ao que está vinculada e a residencia de maiores da localidade. 

Máis en A Mariña
Comentarios