A relixiosa mindoniense sor Herminia falece no asilo Betania

Tiña 97 anos
Sor Herminia. EP
photo_camera Sor Herminia. EP

O asilo Betania de Viveiro, que rexen as Hermanitas dos Anciáns Desamparados, chora a sor Herminia García Otero, unha das irmás do centro vivariense que morreu nos últimos días. Faleceu con 97 anos e era natural de Ouvirán, no concello de Mondoñedo.

O centro atende desde hai anos na cidade do Landro a persoas de avanzada idade e a relixiosa finada involucrouse de cheo a esta tarefa. Sor Herminia, que era moi querida, permaneceu activa case ata os últimos momentos.