As bandas de música desveláronse como gran aposta musical do verán grazas á súa versatilidade, que as converte en aposta segura tanto para unha sesión vermú como para unha verbena ou para un concerto sinfónico a última hora da tarde.
E das pezas máis verbeneras poden pasar, nun dicir amén, a partituras máis sinfónicas, solemnes e con un aire máis clásico para concertos de tarde ou nalgún lugar concreto que requira máis deste tipo de interpretacións.