Rei Cintolo volve acoller visitas guiadas

As entradas serán de venres a domingo nun percorrido pola Galería Central que durará unha hora e cuarto
Varios visitantes, con su guía en el interior de la Cova do Rei Cintolo. ÁLVEZ
photo_camera Varios visitantes, con su guía en el interior de la Cova do Rei Cintolo. ÁLVEZ

A Cova do Rei Cintolo volve estar lista para acoller visitas guiadas e abrir unha porta ás entrañas da Terra. A nova campaña estará de novo impulsada polo Concello de Mondoñedo a colaboración da Federación Galega de Espeleoloxía.

Este ano as visitas van comezar sendo os fins de semana, concretamente entre venres e domingo. Ao principio será con dous horarios: as doce do mediodía e as cinco da tarde. Posteriormente, no mes de abril, engadirase un grupo máis, que fará a visita ás seis e media da tarde.

As visitas turísticas vanse a realizar na denominada Galería Central da cova e os participantes farán un percorrido aproximado duns 300 metros dentro da cavidade. Os organizadores calculan que os participantes tardarán ao redor dunha hora e cuarto en realizalo.

Os requisitos para estas visitas non son moi esixentes e solicítase a quen vaia visitar Rei Cintolo "unha forma física normal". Con iso refírense a que os visitantes "non teñan problemas de mobilidade, lesións ou problemas cardiorespiratorios". Para facer a visita é necesario realizar unha reserva previa que se fai no número de teléfono da oficina de turismo de Mondoñedo, o 982.50.71.77.

OBRIGACIÓNS. Aos participantes si se lles pide algunha cousa, como a obrigatoriedade de levar "calzado pechado con fondo de goma que evite esvaróns e recoméndase traer roupa que non importe manchar, así como unha muda para despois dá visita".

O Concello de Mondoñedo, pola súa banda, proporcionará aos participantes "un casco con iluminación, luvas de protección e un traxe desbotable para sobrepoñer á roupa, así como vos complementos de hixiene axeitados para cada un destes elementos".

A idade mínima para entrar á cova é de once anos e o prezo da visita é de 15 euros por persoa.

Este ano aumenta o número de días nos que se poderán facer visitas á zona do río. Trátase "un percorrido máis longo e complexo destinado a persoas cun nivel físico superior. Neste caso as primeiras oportunidades serán durante a Semana Santa". Esta opción tivo boa acollida o ano pasado.

Comentarios