sábado. 28.03.2020 |
El tiempo
sábado. 28.03.2020
El tiempo

Dous referentes da barbería dan un curso exclusivo en Viveiro

Curso de formación de barbería en Viveiro. AMA
Curso de formación de barbería en Viveiro. AMA

O sevillano Ismael de Mora e o vegadense José Rodríguez foron os encargados este domingo de dar un curso de formación de barbería en Viveiro, no local que rexenta Pedro Rouco na cidade do Landro. Tivo continuidade durante o luns, xa que constaba de dúas xornadas.

Trátase de dous formadores referentes tanto a nivel nacional como europeo, e que mostraron o seu talento, e como desenvolvelo, a un grupo exclusivo de participantes, en concreto seis, xa que a formación é moi personalizada, exclusiva e de gran calidade.

Durante a mañá do domingo houbo unha parte teórica, mentres que para a tarde quedou a práctica.

Dous referentes da barbería dan un curso exclusivo en Viveiro
Comentarios