As recomendacións sanitarias obrigan a suspender a Feira do Bonito de Burela

O alcalde, Alfredo Llano, explicou que a idea é "renderlle homenaxe" ao bonito "dunha forma diferente"
Una edición pasada de la Festa do Bonito de Burela. ARCHIVO EP
photo_camera Unha edición pasada da Festa do Bonito de Burela. ARQUIVO EP

O Concello de Burela, ante a evolución da pandemia e logo de reunirse co sector hostaleiro desta localidade mariñá, tomou a decisión de suspender, polo menos como viña celebrando ata agora, a Feira do Bonito, produto ao que se renderá "homenaxe" dunha forma diferente. 

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, explicou que a idea é "renderlle homenaxe" ao bonito, sen dúbida o produto que maior recoñecemento lle achega á flota e a este porto mariñán, pero facelo "dunha forma diferente, co obxectivo de garantir a seguridade sanitaria". 

"Non haberá Feira do Bonito na forma tradicional, coa degustación do túnido en diferentes preparacións no propio porto", precisou, pero "o príncipe azul estará presente na hostalería burelense, que ofrecerá tapas e menús elaborados con este peixe durante practicamente unha semana". 

"Como non hai feira", dixo o alcalde, "imos facer algo que chame a atención nese primeiro fin de semana de agosto" para "dar coñecer as infinitas formas de preparar o Bonito de Burela" e para "promocionar a nosa hostalería". 

O obxectivo é "seguir potenciando e promocionando desta forma ao Bonito de Burela", engadiu. 

Comentarios