Reabre a A-8 logo de permanecer pechada durante toda a noite

O tramo do Alto do Fiouco, entre os municipios lucenses de Mondoñedo e Abadín, estaba cortado desde este mércores pola tarde

El nuevo radar de tramo de la A-8 controlará la velocidad en la subida a O Fiouco. JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera Subida ao Fiouco. JOSÉ Mª ÁLVEZ

Os densos bancos de néboa que dificultan a visibilidade e, polo tanto, condicionan a seguridade dos usuarios, obrigaron a manter cortada durante toda a noite a Autovía do Cantábrico (A-8) no tramo do Alto do Fiouco, entre os municipios lucenses de Mondoñedo e Abadín.

Segundo informaron a Efe fontes do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo, a autovía quedou aberta ao tráfico ás 07.59 horas, logo de permanecer cortada en ambos os sentidos da circulación desde as 19:50 horas deste mércores.

O tramo afectado é o que discorre entre os quilómetros 536 e 552, entre os municipios de Mondoñedo e Abadín.

Cando a néboa provoca problemas de visibilidade que obrigan a cortar a circulación, o tráfico é desviado pola estrada Nacional 634.

Está aínda pendente a colocación por parte do Ministerio de Fomento dos prototipos para tratar de buscar unha solución innovadora aos problemas que xera a néboa nese punto. 

Comentarios