sábado. 19.06.2021 |
El tiempo
sábado. 19.06.2021
El tiempo

Unha queima descontrolada arrasa un alpendre en Fazouro

Operarios extinguiendo el fuego. AMA
Operarios extinguindo o lume. AMA
No seu interior, os donos gardaban un tractor, unha amasadora e diversos apeiros de labranza, que quedaron destruídos

Unha queima de restrollos na parroquia focense de Fazouro terminou cun galpón totalmente calcinado polo lume. No seu interior, os donos gardaban un tractor, unha amasadora e diversos apeiros de labranza, que quedaron destruídos, aínda que non houbo que lamentar feridos.

O 112 tivo coñecemento dos feitos por unha chamada recibida ás cinco e cuarto desta tarde e mobilizou a efectivos do parque de bombeiros de Barreiros, o GES de Cervo e Protección Civil de Foz.

Unha queima descontrolada arrasa un alpendre en Fazouro