O PSOE de Lugo esixe a Alcoa que facilite a viabilidade da planta de San Cibrao

Os socialistas destacan que o Ingreso Mínimo Vital beneficiará a uns 5.000 perceptores na provincia
 
Generated by  IJG JPEG Library
AppleMark
photo_camera Representantes do comité de traballadores de Alcoa, este mércores en Lugo. XESÚS PONTE

A secretaria provincial do PSOE na provincia de Lugo, Patricia Otero, volveu a destacar o compromiso da súa formación co futuro de Alcoa e esixiu á empresa que "facilite a viabilidade" da planta de San Cibrao.

Nun comunicado remitido aos medios, a secretaria provincial ha asegurado que a reunión da mesa confirmou a "absoluta disposición" do Goberno de Pedro Sánchez para adoptar unha solución que garanta os empregos e a viabilidade da produción de aluminio.

Así mesmo, reiterou a proposta socialista de man tendida á Xunta para traballar de forma común, á beira da Mancomunidade de municipios da Mariña e os representantes dos traballadores, para sumar forzas e impedir o peche desta empresa.

O número un da candidatura PSDEG por Lugo ás próximas eleccións autonómicas remarcou que "a unidade é a condición imprescindible para gañar esta batalla" e "unha obrigación das institucións cos traballadores do sector".

Ademais, censurou a "cerrazón" mostrada pola empresa e a súa negativa a evitar o seu peche. "Se Alcoa non quere dar continuidade ao seu proxecto industrial, debe deixar paso a unha venda para que outros o fagan. é unha empresa que recibiu nos últimos 9 anos 693 millóns en fondos públicos", sinalou.

Ingreso mínimo vital

Por outra banda, os deputados do PSDEG-PSOE pola provincia de nbsp;Lugo&no Congreso, Ana Prieto e Javier Cerqueiro, avanzaron este mércores que o Ingreso Mínimo Vital (IMV) beneficiará a case 5.000 preceptores na provincia.

"Esta medida progresista contribúe na loita contra a vulnerabilidade económica, que se viu agravada coa pandemia da Covid-19, e por parte, fomenta a inclusión social e a inserción no marcado laboral", explicou Ana Prieto.

Comentarios