O PSOE de Abadín denuncia que só hai un médico dúas horas á semana para os 107 nenos

Lamenta que o alcalde da localidade e o presidente da Xunta sexan " incapaces de dar resposta ás demandas xustas dos nosos veciños
Una pediatra.AEP
photo_camera Unha pediatra.AEP

O PSOE de Abadín denunciou os 107 nenos e nenas do municipio son atendidos unha vez á semana durante dúas horas por un só médico de familia que, cando está de baixa ou de vacacións, fai que os pais teñan que levar aos seus fillos ao centro de saúde de Vilalba, onde son recibidos a última hora tras finalizar as citas previas.

Segundo recolle un comunicado emitido este luns polo PSOE, o portavoz socialista local, Pablo López, lamentou que o rexedor de Abadín, José María López Rancaño, "non abrise a boca para defender os intereses dos seus veciños" durante a reunión mantida a pasada semana por pais do municipio con representantes do Sergas.

"Todos os pais e nais reclamamos maior atención médica e que a consulta sexa atendida por un especialista, é dicir, un pediatra", incidiu Pablo López, que pon o foco en que esta situación é un exemplo da "discriminación constante dos vecinios do rural e a nula sensibilidade coa atención sanitaria en Abadín".

"O Goberno de Feijóo e o alcalde de Abadín son incapaces de dar resposta ás demandas xustas dos nosos veciños para atender aos nosos nenos e nenas", remarcou.

Comentarios