Protestas veciñais ante Ángeles Vázquez durante unha visita a Riotorto

O motivo das queixas veciñas é a construción dunha planta de transferencia de residuos na zona

Un grupo de veciños realizou unha protesta durante a visita da conselleira Ángeles Vázquez a Riotorto para anunciar a licitación da construción dunha planta de transferencia de residuos a cuxa localización os veciños oponse ao considerar que lles suporá un quebranto serio ao seu modo de vida, baseado nas ganderías.

Ao empezar a visita, os veciños apareceron con pancartas e gritando consignas contra unha planta que dará servizo aos municipios de Riotorto, A Pontenova, Meira, A Pastoriza, Pol e Ribeira de Piquín.

Vázquez foi a falar con eles directamente e faloulles do proxecto asegurando que non contaminaría absolutamente en nada, aínda que os veciños lamentaron que o tráfico que xerará alterará por completo o seu medio de vida, baseado na gandería.

A Xunta prevé destinar a este proxecto 2 millóns de euros e anunciou que terá unha capacidade de procesar 13.500 toneladas de residuos ao ano.

Comentarios