miércoles. 01.04.2020 |
El tiempo
miércoles. 01.04.2020
El tiempo

A protectora de Burela e particulares de Cervo alertan da procesionaria

Procesionaria no Cantiño. AMA
Procesionaria no Cantiño. AMA

As temperaturas cálidas deste inverno están a provocar o anticipo da praga da procesionaria, característica dos piñeirais. A protectora Bigotes de Burela alertou nunha rede social sobre a existencia da praga na zona do Cantiño, mentres que particulares de Cervo advertiron tamén da súa detección na estrada que une a fábrica de salgadura coa praia da Limosa. 

Esta oruga que prolifera en campos e xardíns supón un auténtico perigo para os nenos e pode resultar mortal para os cans en caso de contacto co seu veleno que causa urticarias e reaccións alérxicas graves. Hai unhas semanas detectárona tamén no paseo do Masma, en Foz.

A eclosión do insecto nos piñeirais, onde se aprecian as características bolsas. Por esta razón, avisan de que se extremen as precaucións ao pasear con nenos e animais por eses puntos e preto de piñeirais. 
 

A protectora de Burela e particulares de Cervo alertan da...
Comentarios