Prohiben o baño en Arealonga, Barreiros, e en Penaoural, en Burela

O DOG publicou tamén que hai nove zonas en avaliación, e unha delas é Celeiro, en Viveiro
zona de dunas de la playa de Arealonga de Barreiros
photo_camera Praia de Arealonga, en Barreiros. JOSÉ Mª ÁLVEZ

Na zona dereita da praia de Arealonga, en Barreiros, e no areal do Penaoural, na zona portuaria da Burela, está prohibido o baño, segundo publicou esta semana o Diario Oficial de Galicia (DOG), mentres que en Celeiro está en avaliación. En toda Galicia hai 32 zonas onde está prohibido o baño, oito delas na provincia de Lugo, pero só dúas na Mariña lucense.

As outras zonas onde está prohibido o baño na provincia son: a praia fluvial de Baamonde (Begonte), río Parga (Guitiriz), río Saa (A Pobra do Brollón), río Sil-San Clodio (Ribas de Sil), río Eo-área recreativa de Chao do Pousadoiro (Ribeira de Piquín) e a do río Sarria-O Chanto (Sarria).

No mesmo DOG publicáronse as augas de baño que formarán parte do rexistro deste ano 2024, cuxos datos estarán dispoñibles na páxina web do Sergas, que son case 500 zonas.

No Consello da Xunta abordouse un informe elaborado pola dirección xeral de saúde pública que destaca que o 97% das augas de baño en Galicia no ano 2023 tiñan unha cualificación sanitaria de "excelente ou boa".

O documento foi analizado a medio mes do inicio o 1 de xuño da nova campaña do programa de vixilancia. Así, o balance de 2023 arroxa que Galicia conta con 498 zonas de baño con 515 puntos de mostraxe que se localizan en 117 concellos. 

Ademais das case 500 augas nas que está permitido o baño, o DOG inclúe un anexo con nove zonas que están en avaliación. Unha delas sitúase na provincia de Lugo, que é a de Celeiro; dúas sitúanse no Río Támega ao seu paso Castrelo de Val e Laza e outra no Río Bubal-Vilaza en Monterrei, na provincia de Ourense. Na provincia de Pontevedra, está a área recreativa de Brocos, no encoro de Portodemouros, en Agolada; e os rios Miño e Tamuxe no Rosal e a praia de Carabuxeira, en Sanxenxo.

Comentarios