A praia de Celeiro volve ser apta para o baño, pero non é recomendable

Os veciños van manifestarse este luns pedindo claridade
photo_camera Limpeza da praia de Celeiro. AEP

As últimas analíticas realizadas polo Servizo Galego de Saúde sobre a estado da auga na praia da localidade de Celeiro, en Viveiro, mostran que recuperou notablemente a súa boa saúde e os valores actuais fan que de novo volva ser apta para o baño. En cambio, desde o goberno municipal manteñen a súa postura de que ante as flutuacións nos resultados obtidos, sexan os veciños os que a utilicen para o baño ou non segundo o seu propio criterio.

Non se trata dunha prohibición do uso do areal, o que fai que continúe a incerteza para os veciños, que comezaron a organizarse para protestar por esta situación xa que queren utilizar devandita praia e non consideran xusta a ambigüidade do Concello de Viveiro nin que a situación non se resolva entre o propio Concello, a Xunta e Portos.

Para demandar maior claridade e unha mellor información sobre o que está a suceder os veciños manifestaranse ás seis da tarde do luns fronte ao propio areal celeirés.

En canto ás últimas analíticas rexistradas polo Sergas, mostran que as bacterias EColi baixaron de 2.000 a 740 na última lectura e o enterococo intestinal baixou de 500 a 42.

Comentarios