O PP de Lugo propón unha declaración institucional na Deputación en apoio aos empregados de Muebles Hermida 

Elena Candia pide "a implicación das administracións" e "a axilidade" do Fondo de Garantía Salarial para que abone as cantidades que a empresa lle debe" ao persoal
Elena Candia. J.Mª ALVEZ
photo_camera Elena Candia. J.Mª ALVEZ

A portavoz do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, solicitou unha reunión co resto de grupos políticos e o presidente provincial, o socialista José Tomé, para "acordar unha declaración institucional en apoio" aos empregados de Muebles Hermida, que solicitou este mes a súa entrada en concurso de acredores. 

Neste texto, explica a tamén líder dos populares na provincia en declaracións a Europa Press, pídese "a implicación das administracións" e "a axilidade" do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) para que abone as cantidades que a empresa lle debe aos traballadores". 

"Sempre con ese compromiso, co mantemento do emprego, e sempre con esa coherencia de afastar do debate político o que entendemos que é neste momento unha das principais preocupacións que temos na provincia de Lugo", manifesta. 

E é que, de acordo coas súas palabras, tanto a administración como os políticos teñen "a obrigación de traballar, arrimar o ombreiro e achegar solucións". 

Comentarios