O cabeza de lista do PP á alcaldía de Trabada, José María Fernández Vázquez, anunciou que o seu proxecto para o municipio está encamiñado a impulsar as políticas que freen a perda de poboación, así como a potenciar "un dos sectores máis relevantes deste concello" como é o gandeiro.
A Fernández Vázquez acompáñano Encarna Amigo, Juana María Rodríguez, Ángel Fernández, Francisco Rodríguez, Juan Manuel Carbajales, Manuel Varela, Juan Francisco López e pechando a lista o que foi alcalde, José Manuel Yanes Ginzo. O cabeza de lista quere devolver o Concello a mans dos populares.