Porto de Rinlo doará parte do recadado aos damnificados polas inundacións en Viveiro

Outra iniciativa solidaria parte do Seminario de Estudos Terra de Viveiro, que promove un festival o domingo 9 no teatro Pastor Díaz

ivan lombardia porto de rinlo_JMN6320
photo_camera Iván Lombardía, xerente de Porto de Rinlo. JOSÉ Mª ÁLVEZ

O hotel e restaurante Porto de Rinlo, na localidade ribadense homónima, doará o 5% de todo o que recade nas comidas e ceas do sábado 15 de decembro aos damnificados polas inundacións en Viveiro.

O seu xerente, Iván Lombardía, explica que a idea xurdiu porque coñece a afectados as inundacións e como mostra de apoio aos negocios, como recorda que lle axudaron a el os veciños cando ía abrir o seu e o vento causoulle serias desfeitas.

Apunta que tamén haberá un bote no local para quen queira facer doazóns, do mesmo xeito que fixeron cando promoveron outra campaña solidaria anterior, neste caso pola loita contra o cancro.

Os interesados en reservar ou colaborar poden chamar ao 982.12.31.37 ou ao 679.99.32.87.

FESTIVAL SOLIDARIO
O Seminario de Estudos Terra de Viveiro organiza un festival solidario o domingo 9 no teatro Pastor Díaz "para colaborar cos afectados polas inundacións, especialmente na parroquia de Xunqueira".

​No evento, que conta coa colaboración do Concello e que terá fila cero, actúan as agrupacións de voces e musicais Sons de Celeiro, Escolma de Meus e Brétema. A hora está aínda por anunciar.
 

Máis en A Mariña
Comentarios