O portavoz socialista en Riotorto denuncia que o alcalde ordenou cortarlle a auga

"Vou seguir traballando e denunciando todas e cada unha das cacicadas que vexa", afirma
José García. AEP
photo_camera José García. AEP

O portavoz socialista do municipio lucense de Riotorto, José García, acusou o alcalde da localidade, Clemente Igrexas, de cortar a subministración de auga na súa vivenda como consecuencia dunha "persecución política" por denunciar "as súas cacicadas", como o "proceso selectivo" para contratar " súa muller no Concello".

Segundo informou o propio José García aos medios de comunicación, este xoves presentáronse no seu domicilio dous operarios do Concello de Riotorto para cortarlle a subministración de auga, unha forma de proceder que cualificou como un "auténtico atropelo e "unha persecución política cara á súa persoa", porque considera que non incumpriu ningunha norma municipal e está "á corrente dos pagos".

"O pasado mes de novembro denunciei, acompañado da secretaria provincial do PSdeG, Patricia Otero, o proceso selectivo para contratar á muller do alcalde no Concello. E vou seguir traballando e denunciando todas e cada unha das cacicadas que vexa" na administración local, dixo García.

"Quero anunciarlle ao alcalde que, a pesar de que cortoume a auga, non me cortou nin un milímetro de ganas de seguir traballando polo meu concello e polos meus veciños", engadiu.

Na mesma liña, o portavoz socialista afirmou que "denunciará todas as irregularidades, caia quen caia", porque as "actitudes ditatoriais terminaron co franquismo, aínda que en Riotorto parece que están moi presentes". 

Comentarios