A Pontenova aproba unha liña de axudas de 25.000 euros para pemes e autónomos

Foto de archivo de Darío Campos. J. VÁZQUEZ
photo_camera Foto de arquivo de Darío Campos. J. VÁZQUEZ

O alcalde da Pontenova, Darío Campos, avanza que o seu goberno tiña previsto aprobar este xoves en pleno unha liña de axudas por importe de 25.000 euros dirixida ás pemes e autónomos locais para contribuír a financiar os gastos correntes que teñen que afrontar os empresarios tras a crise do coronavirus.

O rexedor explica que os interesados terán 15 días para presentar as solicitudes unha vez que se publiquen as bases no BOP. Asignarán unha contía fixa de 700 euros por negocio, 600 para compensar gastos do peche e 100 para compensar cotas e taxas, como auga, lixo ou rede de sumidoiros.  Os servizos sociais do Concello serán os encargados de avaliar as peticións.

Campos censura que "outras administracións, como a Xunta, seguen de brazos cruzados, polo que os concellos temos que tirar do carro para reactivar a economía local e o emprego, porque ninguén pode quedar atrás", a fin de paliar o parón obrigado polo estado de alarma.

Comentarios