A Policía solicita axuda sobre o desaparecido en Viveiro

Álex Meitín, el día que faltó. AMA
photo_camera Álex Meitín, o día que faltou.

A Policía Nacional, que mantén aberta a investigación para dar co paradoiro de Alejandro Meitín San Isidro, solicita a colaboración das últimas persoas que o viron despois de que unha delas xa confirmase a súa presenza no exterior dun bar da cidade do Landro. Piden que se poñan en contacto con eles ou coa familia para verificar os seus últimos pasos en Viveiro logo de saír da cea de empresa nun restaurante de Area ao que acudiu na noite do sábado 14.

Familiares e amigos seguen tamén coa procura e lamentan a falta total de pistas tras nove días de ausencia.