A Policía segue a investigación para esclarecer o asalto ao cura de Vieiro

Tres homes amordazaron ao párroco e atárono a unha cadeira

Casa rectoral de Vieiro. C.L.F.
photo_camera Casa reitoral de Vieiro. C.L.F.

A Policía Nacional de Viveiro continúa coas investigacións para tratar de localizar e identificar aos autores do asalto e roubo que sufriu o cura de Vieiro o pasado venres, cando tres homes o amordazaron e ataron a unha cadeira e fóronse cun botín duns mil euros sen que aparentemente ninguén máis os vira.

Os asaltantes eran tres suxeitos altos que falaban en castelán cun acento que non resultou estraño á vítima e que portaban pasamontañas e luvas, o que dificulta a investigación de cara á súa identificación mediante as pegadas que puidesen deixar na cinta que usaron para amordazar e atar ao sacerdote ou nos aveños que tocaron na casa para buscar o diñeiro.

Nin o propio párroco se decatou da súa presenza ata que o abordaron desde detrás duns arbustos nin ningún veciño comunicou á Policía que viu vehículos ou persoas sospeitosas nos momentos previos e posteriores ao atraco, segundo apuntan desde comisaría. Tanto a veciñanza como os investigadores cren que os ladróns coñecían perfectamente a rutina da vítima e tamén a zona, pola que puideron desprazarse a pé polo menos no tramo máis próximo á reitoral. Sen embargo, a investigación non descarta a presenza dun automóbil e indaga tamén nese sentido.

Máis en A Mariña