A Policía Nacional alerta desde Viveiro a Interpol dunha agresión de violencia de xénero en Reino Unido

Comisaría de Viveiro. AMA
photo_camera Comisaría de Viveiro. AMA

A Policía Nacional alertou desde Viveiro á Interpol dunha agresión de violencia de xénero en Reino Unido. A comunicación produciuse o pasado día 21, a través da oficina española, á Policía da poboación de Moorends, logo de presentar denuncia a irmá da vítima.

O aviso dos axentes da Nacional motivou a detención do autor dos feitos por parte da Policía británica na localidade inglesa mencionada, segundo comunicou Interpol á comisaría vivariense.

Os axentes achegaron mensaxes e fotografías da vítima, quen presentaba lesións compatibles con malos tratos por parte da súa parella, ademais indicaron o risco que corría a súa vida e integridade física, debido a que a muller non respondía os intentos de porse en contacto por parte a súa irmá.

Cando ambas mantiñan unha conversación, na noite do 20 ao 21 pasados, notou que a súa irmá estaba triste e escoitou berros da parella.

A comisaría vivariense puxo todos estes feitos en coñecemento da autoridade xudicial en Viveiro.