domingo. 09.08.2020 |
El tiempo
domingo. 09.08.2020
El tiempo

A Policía Local de Viveiro formula unha denuncia por condución temeraria

Unha condutora novel perderá seis puntos tras superar a taxa máxima de alcol

Arredor da unha da madrugada deste sábado, unha patrulla da Policía Local de Viveiro detectou no paseo de Covas un vehículo circulando a gran velocidade, polo que se procede á identificación do condutor, contra o que se formula unha denuncia por condución temeraria, que leva aparellada unha multa de 500 euros e a retirada de seis puntos do carné de conducir.

Son os mesmos puntos que perderá unha condutora novel á que os axentes auxiliaron ao redor das cinco da madrugada tras sufrir un rebentón na roda do coche ao chocar co bordo dunha rotonda do centro da cidade do Landro. A condutora, de 19 anos, arroxou unha taxa de alcol por aire espirado de 0,37, superior á máxima permitida e que lle suporá unha multa de mil euros.

A Policía Local de Viveiro formula unha denuncia por condución...