martes. 20.10.2020 |
El tiempo
martes. 20.10.2020
El tiempo

A Policía Local de Viveiro inmobiliza un vehículo ao dar alcoholemia o condutor

Coches da Policía Local de Viveiro. J.Mª ÁLVEZ
Coches da Policía Local de Viveiro. J.Mª ÁLVEZ

Atribúenlle un delito contra a seguridade viaria por invadir o carril contrario e raspar a outro na variante vivariense cunha taxa elevada de alcoholemia

Unha patrulla da Policía Local de Viveiro abriu dilixencias a un condutor por alcoholemia tras verse implicado nun accidente de circulación con outro ocorrido na variante, a LU-539, o sábado pasado ás once da noite. Os axentes municipais procederon á inmovilización do turismo.

Os axentes someteron aos condutores de ambos os vehículos ás probas de alcoholemia e un deles arroxou un resultado positivo de 1,16 milígramos por litro de aire expirado, razón pola cal lle atribúen un delito contra a seguridade viaria ao conducir un vehículo a motor cunha taxa superior á permitida.

Os feitos producíronse cando o condutor investigado circulaba co seu vehículo en dirección a Lugo, procedente de Covas e invadiu o carril contrario, polo que chocou por raspado con outro automóbil.

Os vehículos sufriron danos nos espellos retrovisores e non houbo que lamentar vítimas persoais.

A Policía Local de Viveiro inmobiliza un vehículo ao dar...