A Policía Local propón multa para unha burelense que paseaba coa escusa do colesterol alto

A muller non levaba ningún certificado médico que acreditase a necesidade de saír a camiñar 
Policía Local de Burela. AMA
photo_camera Policía Local de Burela. AMA

A Policía Local de Burela fixo este mércores unha proposta de sanción a unha veciña, de 67 anos, á que achou paseando en Camiño de Cinoche, entre Vilar e Vila do Medio, e que dixo que o facía porque tiña o colesterol alto.

Os axentes indican que isto non pode facerse sen contar cun certificado médico que acredite que ten que saír a pasear por esa causa. A muller exponse agora a unha sanción económica que oscila entre 601 e 30.000 euros.

A urxencia sanitaria actual obriga a permanecer no domicilio para evitar a propagación da enfermidade do coronavirus, dado que resulta moi contaxiosa e con cantas menos persoas se estea en contacto existen menores posibilidades de contraela.