miércoles. 23.09.2020 |
El tiempo
miércoles. 23.09.2020
El tiempo

A Policía Local detectou na praia de Covas un grupo reducido de mozos de botellón

A praia de Covas. J.Mª ÁLVEZ
A praia de Covas. J.Mª ÁLVEZ
Os axentes levantaron a correspondente acta por consumo de alcol na vía pública

Os axentes da Policía Local de Viveiro detectaron a pasada fin de semana a un grupo reducido de mozos facendo botellón na praia de Covas, aos que levantou a correspondente acta por consumo de alcol na vía pública, dado que a realización desta práctica continúa prohibida para tratar de previr contaxios por covid-19.

Os municipais aclaran que se trata dun grupo illado, unha situación moi diferente á que se producía en pleno mes de agosto, cando en datas sinaladas, como as que corresponderían ás festas de San Roque ou Naseiro que este ano non se celebraron, xuntábanse grupos máis numerosos no areal urbano do municipio vivariense.

A Policía Local mantivo unha vixilancia intensa durante todo o mes de agosto a fin de evitar a propagación do coronavirus, para que a poboación en xeral e os mozos en particular, evitasen condutas que puxesen en perigo a súa saúde, con accións como o botellón, a non utilización da máscara de protección ou reunións de máis de dez persoas en lugares públicos.

A Policía Local detectou na praia de Covas un grupo reducido de...