martes. 11.08.2020 |
El tiempo
martes. 11.08.2020
El tiempo

O que se pode e o que non se pode facer na Mariña

Un sanitario realiza una prueba a un motorista en A Mariña. ELISEO TRIGO
Un sanitario realiza una prueba a un motorista en A Mariña. ELISEO TRIGO
É posible moverse para votar, coidar a un maior ou traballar pero non se permite nin estar na barra dun bar nin as grandes reunións
SI SE PODE: votar, coidar a un maior ou traballar
A mobilidade dos sete concellos nos que segue restrinxida permite algunhas excepcións, incluído Burela, que é do que non se pode entrar nin saír salvo casos de forza maior. Poderase acceder a eses municipios ou saír deles para ir votar, para ir ao traballo ou ao lugar de residencia habitual ou para coidar a unha persoa maior, con dependencia ou en situación de vulnerabilidade.

Ir ao hospital ou PAC. O hospital da comarca e o Punto de Atención Continuada, que atende as urxencias extrahospitalarias, están no concello con mobilidade máis restrinxida: Burela. Por suposto, pódese entrar nese concello para ir a calquera dos dous servizos.

► Mellor no municipio Os veciños de Viveiro, Xove, Cervo, Foz, Barreiros e Ribadeo poden moverse libremente entre eles para o que consideren oportuno, pero a recomendación é que non saian dos seus municipios salvo se é por unha causa ineludible.

►Cinco días manteranse vixentes estas medidas restritivas ata unha nova revisión por parte do comité de expertos

 

NON SE PODE: nin barra de bar nin grandes reunións
A orde publicada este venres só modifica a cuestión da mobilidade en parte dos concellos mariñáns, pero ningunha outra das medidas restritivas que entraron en vigor o pasado día 5 e que teñen como obxectivo evitar aglomeracións e limitar os contactos que puidesen contribuír a facilitar a transmisión do virus. Todas elas prolongaranse polo menos outros cinco días máis e rexen para toda a comarca.

► Hostalería, ata as 12. Seguirase sen poder servir ningunha consumición na barra dun bar e os locais teñen un límite de apertura ata as doce. O aforamento máximo permitido baixa ata o 50% . As reunións de non convivientes nunha casa non poderán superar as 10 persoas.

 Á praia con máscara. A máscara debe usarse en todos os espazos, tanto en comercios como na rúa e incluso nas praias. A única excepción nese caso será para o momento do baño, cando se poderá prescindir dela. A mesma norma rexe para as piscinas.

 25 persoas é o máximo permitido en velorios que transcorran en espazos abertos, mentres que en pechados será de 10.

O que se pode e o que non se pode facer na Mariña
comentarios