viernes. 24.09.2021 |
El tiempo
viernes. 24.09.2021
El tiempo

A plataforma protesta pola falta do médico da tarde en Burela

Centro de salud de Burela. ARCHIVO
Centro de saúde de Burela. ARQUIVO
O Sergas asegura que se trata dunha situación "provisional" ante a carencia de profesionais

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña convoca unha concentración diante do centro de saúde de Burela para o vindeiro martes, ás doce do mediodía, en protesta polo "desmantelamento" do servizo de atención na quenda de tarde no centro. "Desde a súa creación foi aumentando o número de usuarios que escolleron este equipo asistencial, chegando ás 300 cartillas, o que significa un bo número de persoas para un servizo incipiente", aseguran.

O colectivo asegura que "o abandono" do servizo empezou hai meses, pero "desde hai quince días quedaron suspendidas as consultas nas tardes e bloqueadas as citacións sen dar explicacións aos usuarios".

Desde o Sergas, o xerente da área sanitaria, Ramón Ares, subliñou que a atención de tarde "non desaparece" do centro de saúde burelense senón que a situación actual responde a un axuste "provisional" para garantir a asistencia sanitaria. Así, explica que durante o verán e ata que non haxa dispoñibles médicos de familia, o equipo da quenda de tarde reforzará a atención polas mañás, que é a que concentra o maior número de cartillas. Segundo precisou Ares, a cota do médico de tarde acumula 400 cartillas nos dous anos que leva funcionando.

A plataforma protesta pola falta do médico da tarde en Burela
comentarios