Os afectados pola central no Valadouro esperan que a firma desista tras o informe de alcance

A plataforma asegura que Atalaia Xeración recibiu este martes a documentación da fase de consultas previas á avaliación ambiental do proxecto da hidroeléctrica
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
photo_camera Protesta contra a central, o 13 de marzo. JOSÉ Mª ÁLVEZ

A Plataforma de Afectados pola Central Hidroeléctrica Reversible Xistral, proxectada entre os municipios do Valadouro e Alfoz, anunciaron este mércores que a empresa Desarrollos del Malache, filial de Atalaya Generación, recibiu o informe de alcance elaborado polo Goberno sobre o anteproxecto das instalacións.

Segundo o colectivo, o Ministerio de Transición Ecolóxica remitiu o martes toda a documentación solicitada nesta fase de consultas previas á avaliación ambiental. "Chegados a este punto, a empresa promotora tería que corrixir o proxecto tendo en conta todo o achegado ou desistir do mesmo", indican desde a plataforma. 

"Entendemos que é moi difícil que este proxecto, ou outro similar, sexa viable", sosteñen. "Agardamos nos próximos días unha resposta da empresa promotora e comunicación oficial de que este proxecto finalmente non se vai levar a cabo, xa que, como ben dixo o seu representante publicamente, independemente dos informes, nunca iría en contra da veciñanza e, como quedou demostrado na manifestación do pasado 13 de marzo, a veciñanza non quere a hidroeléctrica", asegura o colectivo. 

Comentarios