miércoles. 08.12.2021 |
El tiempo
miércoles. 08.12.2021
El tiempo

A piscina de Sargadelos converterase nunha intervención artística

Fuente de cerámica de Sargadelos. EP
Fonte de cerámica de Sargadelos. EP
A idea é que estea lista para a próxima semana

Sargadelos continúa aumentando a oferta cultural que xa ten e que xa de seu se enmarca nun lugar recoñecido como Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia. Neste caso a súa característica piscina, baleira desde hai xa décadas, vaise a converter nun espazo dedicado á arte, xa que pasará a ser un lugar máis de visita obrigada no conxunto ao acoller unha intervención artística.

Esta intervención aínda se está acabando de preparar e nun principio a idea que manexan desde a dirección de Sargadelos é que estea lista para a semana que vén e xa poida empezar a visitarse. O día pensado inicialmente é o martes, xornada na que xa haberá alí diversas actividades culturais.

A piscina é un elemento moi característico do complexo de Sargadelos, ao ser de grandes dimensións, moi colorista e atoparse xusto á entrada do complexo.

Creouse por idea de Díaz Pardo, que considerou que sería un bo elemento arquitectónico para complementar ao edificio principal levantado xusto alén da estrada.

Agora a piscina servirá para completar a oferta que xa se fai alí co percorrido polo proceso produtivo e as instalacións de Sargadelos así como o bar e restaurante. Ambos teñen este verán unha gran acollida.

A piscina de Sargadelos converterase nunha intervención artística
comentarios