Piden nove anos para o acusado dunha agresión nun cíber de Viveiro

O home rompeu todo o que estaba ao seu paso, causando danos por máis de mil euros

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acollerá este martes un xuízo contra un cidadán indonesio a quen a Fiscalía reclama o cumprimento dunha pena de prisión de nove anos por tres delitos de lesións. Acúsaselle de irromper nun ciberlocutorio de Viveiro, de romper todo aquilo que atopou ao seu paso, causando danos por máis de mil euros, e agredir a varias persoas que alí se atopaban. De feito, o ministerio público tamén solicita que abone ás vítimas 9.000 euros en concepto de responsabilidade civil.

Aparte, a Fiscalía solicita outros catro anos de cárcere para un home de nacionalidade peruana e con antecedentes penais que supostamente se enfrontou ao anterior, propinándolle unha puñada na boca e reclámalle por iso que indemnice ao agredido cuns 7.000 euros.

O primeiro acusado por irromper no establecemento de Viveiro ao parecer utilizaría para danar o local e a quen alí estaban un ladrillo, cadeas, un taburete e botellas, ademais de darlle unha patada ao outro procesado.