Os pescadores deportivos protestan por recortes ás capturas en augas exteriores

O Mapa limitará os bonitos ás lanchas en saídas recreativas de 5 a 3 peixes por licenza e día. As robalizas e meros tamén se rebaixarán
Embarcaciones deportivas en el puerto de Celeiro. DV
photo_camera Embarcacións deportivas no porto de Celeiro. DV

Clubs e asociacións de pesca deportiva realizada desde lanchas ou na modalidade submarina mobilizáronse en contra do anteproxecto de real decreto que prepara o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación para regular as capturas en augas exteriores, é dicir todas aquelas comprendidas entre cabos e golfos. Pescadores mariñáns de recreo tamén se fixeron eco das limitacións que carrexa un texto que podería excluír a robaliza e o mero dos concursos de pesca submarina —só podería capturase un exemplar ao con cana desde embarcación—, ademais de ser obrigatorio o rexistro de embarcacións que busquen estas especies, así como a declaración das capturas durante os sete días seguintes, comunicándollas ás comunidades autónomas para que leven as estatísticas.

Barbaridade ou violento ataque son algunhas das reaccións a un texto que prescribe a marcaxe de todas as capturas —ata 160 especies— inmediatamente tras a súa captura, cun corte na parte inferior da aleta caudal, ou dunha das ás se son luras ou sepias. "Non podemos permitir este recorte nos nosos dereitos, somos pescadores recreativos, non criminais", sinalan algúns afectados, seguindo a liña de protesta recente entre os pescadores profesionais de baixura contra a obrigación de geolocalización das súas embarcacións.

O anteproxecto de regulación do ministerio alude a motivos como a proliferación de embarcacións dedicadas á pesca non profesional e á práctica da pesca submarina, así como daquelas que facilitan a pesca recreativa de terceiros e as competicións que fomentan a pesca con fins lúdicos, cuxa actividade as comunidades autónomas xa regulan nas súas augas interiores. A Secretaría Xeral de Pesca tamén sinala a necesidade de mellorar o control "para evitar que a pesca recreativa sexa utilizada para, en realidade, realizar unha actividade comercial encuberta. Por iso convén establecer claramente que os buques e persoas dedicadas á pesca recreativa en ningún caso poden estar equipados, levar instalados a bordo, utilizar ou ter artes, aparellos, útiles ou instrumentos propios da pesca profesional, especialmente haladores e carretes eléctricos". Se prohibe a tenencia de máis de dúas carretes eléctricos a bordo. Nalgunhas zonas tamén se prevé limitar o poder das liñas e anzois de máis de cinco centímetros.

RECORTES DE COTAS. De forma provisional, e ata que se estableza un volume máximo de capturas diarias permitidas, establécese "un tope máximo de capturas de cinco quilos por licenza e día, non computándose o peso dunha das pezas", aínda que nalgunhas especies diferenciadas os pescadores recreativos sinalan que se pretende reducir de cinco besugos diarios por licenza a un anual, e de cinco atunes brancos (bonito) por licenza e día, a 3. Tamén baixaría de 5 atunes patudos a un por licenza e día.

A pesca deportiva á boia quedaría limitada ás embarcacións matriculadas, é dicir, ás incluídas nas listas sexta e sétima, prohibíndose expresamente a pesca marítima de recreo en kaiak ou outro artefacto flotante. Os pescadores deportivos rexeitan a xustificación ecolóxica de que o mero e a robaliza sexan especies moi vulnerables e cren que se se queren protexer por ter un alto valor culinario había que aumentar as tallas mínimas e engadir tallas máximas se os estudos aválano para todos os sectores, recreativo e profesional.

Comentarios