Pesar en Mondoñedo pola morte da bibliotecaria Alicia Tella-Villamarín

O enterro será este mércores ás cinco da tarde na igrexa parroquial de Santiago de Mondoñedo
Alicia Tella. AMA
photo_camera Alicia Tella. AMA

Alicia Esperanza da Paz Tella-Villamarín Ferreiro, quen durante décadas exerceu como bibliotecaria en en Mondoñedo, faleceu aos 81 anos. Numerosos veciños e a propia corporación do Concello de Mondoñedo expresaron o profundo pesar pola perda desta muller considerada "memoria viva do literario mundo de Álvaro Cunqueiro" e é a esposa do escultor e profesor Juan Puchades.

O Concello de Mondoñedo referiuse a ela como "mindoniense dunha calidade humana exemplar, de permanente compromiso co mundo dá cultura e moi particularmente co do libro, que deixa en Galicia unha pegada inesquecível". 

O enterro será este mércores ás cinco da tarde na igrexa parroquial de Santiago de Mondoñedo e a súa capela ardente está instalada no tanatorio Morán. O traslado dos restos mortais ao cemiterio municipal farase na intimidade familiar. O rosario rezarase hoxe ás oito e media da tarde no tanatorio. 

Comentarios