Dúas persoas resultan feridas ao chocar o seu coche contra unha casa en Foz

aaaa
photo_camera Vehículo sinistrado. AMA

Dúas persoas resultaron feridas este venres pola mañá unha saída de vía que se rexistrou na Avenida de Asturias, na entrada de Foz, concretamente en Vilaxoane.

Ao parecer, o condutor do vehículo podería perder a consciencia e o coche impactou contra as escaleiras de acceso dunha vivenda. Os dous ocupantes do vehículo foron trasladados ao Hospital da Costa. Axentes da Policía Local e efectivos de Protección Civil desprazáronse ao lugar.

Comentarios