sábado. 21.09.2019 |
El tiempo
sábado. 21.09.2019
El tiempo

Tres persoas atopáronse con dificultades para saír da auga en Ribadeo

Visitantes nas Catedrais. AMA
Visitantes nas Catedrais. AMA
Chegaron en bo estado, aínda que con frío, á praia de Esteiro e non foi necesario pór en marcha ningún dispositivo de rescate

Tres persoas que se atopaban practicando paddle surf a última hora da tarde deste domingo na contorna da praia ribadense das Catedrais atopáronse con dificultades para saír da auga debido ás correntes.

Nun principio a central de urxencias do 112 Galicia recibiu o aviso de que as tres persoas non podían saír do mar e ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Local de Ribadeo. Finalmente, chegaron en bo estado, aínda que con frío, á praia de Esteiro e non foi necesario pór en marcha ningún dispositivo de rescate.

Tres persoas atopáronse con dificultades para saír da auga en Ribadeo
Comentarios