lunes. 06.12.2021 |
El tiempo
lunes. 06.12.2021
El tiempo

Unha persecución a plena luz do día en Foz sáldase con dous detidos

Una calle de Foz por la que transcurrió la persecución.EP
Una calle de Foz por la que transcurrió la persecución.EP
O suceso enmárcase nunha operación policial na que non se descartan máis arrestos

As rúas de Foz foron o escenario da persecución policial dun vehículo a plena luz do día. O suceso terminou coa detención de dous mozos, un mozo e unha moza.

Unha parella deuse á fuga no seu vehículo tras verse involucrada nunha operación policial. O centro da localidade mariñá, e parte da súa periferia, serviron de circuíto para esta perigosa carreira que transitou especialmente pola rúa Salvador de Madariaga.

Ata ser interceptados, nun aparcadoiro da zona, os prófugos obrigaron á intervención de tres vehículos da Garda Civil, procedentes de diferentes cuarteis.

O condutor do vehículo atopábase requirido por unha orde xudicial. Non se descartan que se produzan novos arrestos nas próximas horas.

Unha persecución a plena luz do día en Foz sáldase con dous detidos
comentarios