O Pernas Peón xa é territorio 'Resu'

A acampada gratuíta de Covas é a primeira en encherse de tendas. Segundo os asistentes, a boa convivencia que ofrece é a mellor forma de vivir a experiencia completa do festival

Campistas en el Resu X LOMBARDERO
photo_camera Campistas no "Resu". X LOMBARDERO

Se algo caracteriza ao Resurrection Fest é o bo ambiente que se vive entre os asistentes. E ese bo ambiente respírase tamén nos distintos cámpings que a organización do festival habilitou. O de Covas, de carácter gratuíto, é o primeiro en encherse de afeccionados á música máis extrema xa que, segundo contan moitos deles, tratan de conseguir o mellor sitio no que instalar as súas tendas de campaña, que onte xa ocupaban boa parte do parque.

Xente de todas partes de España e incluso doutros países reúnese esta semana cunha única finalidade: gozar dun dos mellores festivais dentro do seu xénero a nivel mundial. Desde a data da súa creación, o Resurrection Fest sorprendeu todos os anos cuns carteis que se van superando edición tras edición. "O que máis nos gusta do Resu é o compañeirismo que se vive. O "bo rollo" axuda a gozar dos grupos e é o mellor do festival. Coñecémonos aquí hai tres anos e fomos facendo un grupo bastante grande, cada vez vaise unindo máis xente", explicaban uns amigos asentados no cámping.

Moitos reencóntranse nestes días tras un ano enteiro sen verse e pasan este tempo de lecer xuntos. Algúns deles aproveitaron a proximidade da praia de Covas para darse un baño a pesar de que o tempo non acompañe moito, xa que onte incluso choveu. A praia, percorrer a cidade e tamén pór música pola noite son algunhas das actividades que os campistas recalcan que farán durante estes días antes de que empece o festival.

Comentarios