Pepe Peinó é o candidato do PP á alcaldía de Alfoz

O portavoz do grupo municipal, Juanjo Fraga, substitúe a Emilio Lousas como presidente do partido

aaaaa
photo_camera Pepe Peiteou. AMA

O profesor Pepe Peinó será o candidato do PP á alcaldia de Alfoz. Así o anunciou o PP, que aposta por unha persoa moi coñecida e que xa foi concelleiro de cultura no anterior mandato para recuperar unha alcaldía que perdeu en 2015 e que está en mans dunha coalición entre o PSOE e Veciños Independentes de Alfoz (Via). 

Nas súas primeiras declaracións Peinó asegurou que entende a política "como un medio de servizo público para axudar aos veciños e veciñas" e márcase como prioridade "ofrecer un mandato sen ningún tipo de enfrontamentos senón avogando polo entendemento para favorecer a convivencia dous alfoceses".

O novo presidente da formación, Juanjo Fraga, destacou as calidades de Peinó destacando que "sempre foi unha persoa moi activa na organización e participación en actos culturais". "Non dubido de que se vai rodear de xente moi válida para a súa candidatura como fai en tódolos eventos dous que toma parte", engadiu. 

Comentarios