Peleteiro e Ben comparten as súas experiencias deportivas nunha charla en Burela

Os atletas participaron nunha conferencia sobre iniciación ao deporte e nutrición 

Dous visitantes de puro luxo, Ana Peleteiro Adrián Ben, acudiron este xoves a Burela para participar nunha conferencia e posterior coloquio sobre iniciación ao deporte e nutrición na sala de conferencias do auditorio municipal. A charla está organizada polo portal de mercadotecnia dixital TellMe You. Tamén participa no acto o dietista e especialista en nutrición deportiva Noel Pinín. Colabora o Concello de Burela e casas comerciais.

Peleteiro e Ben, dous dos mellores atletas galegos da historia, compartiron as súas experiencias deportivas e os seus coñecementos en nutrición con todos aqueles que acudan -de forma gratuíta- ao coloquio.

Peleteiro é a primeira atleta galega que conseguiu unha medalla nuns Xogos Olímpicos, o bronce no triplo salto, en Tokio. A ribeirense posúe a marca de España da modalidade e incluso fai ben pouco asegurou que o seu obxectivo é ser a primeira atleta española en superar os 15 metros.

Na capital xaponesa brillou tamén Adrián Ben. O viveirense viña de ser sexto no Mundial de Doha, nos 800 metros lisos e non só repetiu como finalista, senón que mellorou a súa posición na final e acabou quinto, converténdose no primeiro atleta español da historia en correr unha final de 800 metros nuns Xogos.

Comentarios