Peque seguirá no Pescados Rubén ata 2024

O equipo de Burela oficializa a fichaxe de Emilly Micaela Marcondes
Peque levanta la Supercopa de España en Burela. PRBFS (AEP)
photo_camera Peque levantando a Supercopa de España hai uns meses. PRBFS

O Pescados Rubén Burela pechou a fichaxe da pivote brasileira Emilly Micaela Marcondes, que se compromete co conxunto galego por dúas tempadas, ata 2023. O club confirmou a súa incorporación na mesma xornada na que anunciou a renovación da súa capitáPeque. Patricia González Mota seguirá vestindo de laranxa ata 2024. 

A madrileña, internacional española, arrincará así a que será a súa novena tempada no equipo mariñán, a cuarta consecutiva. "Foi todo moi fácil; ambas as partes tiñamos interese na miña continuidade. Non me vexo noutro sitio que non sexa Burela", apunta Peque, de 34 anos, en declaracións divulgadas polo club.

O Pescados Rubén avanza así na configuración do equipo para a próxima tempada, na que confirma que incorporará a Emilly Marcondes. A internacional brasileira procede do Torreblanca Melilla, no que foi a máxima goleadora do equipo e a terceira da liga con 26 tantos.

"Defender esta camiseta para min é unha honra. Para min é un soño desde antes de saír de Brasil, poder chegar a formar parte dun equipo campión de todo. Farei todo o posible para poder sumar como grupo esta tempada", dixo a pivote en declaracións que facilitou o club.

A xogadora de 26 anos é a terceira cara nova do equipo lucense tras as internacionais españolas Irene Samper e Elenita.

Comentarios