Os Pescados Rubén FSF inicia en Milán un esixente curso

En só unha semana, o equipo que dirixe Julio Delgado buscará dous títulos
2019083013440663050
photo_camera As xogadoras dos Pescados Rubén FSF celebran a Copa. JOSÉ Mª ÁLVEZ

Comeza a tempada para o Pescados Rubén Burela FSF dunha forma moi esixente. En só unha semana, o equipo que dirixe Julio Delgado buscará dous títulos, primeiro o 4 Nations Futsal en Milán, onde xogarán desde o sábado os catro gañadores de Copa de ligas europeas. Para o venres 6 de setembro o equipo de Burela loitará pola Supercopa de España en Las Rozas (Madrid) co Futsi Atlético, campión de Liga -os Pescados Rubén FSF o é de Copa tras a inesquecible final de Burela o pasado mes de xuño-.

Comeza o equipo mariñán o sábado en Milán co MFC Lagoa Uor Penza ruso, nunha das semifinais do torneo. A outra semifinal xogarana o Kick Off C5 Femminille italiano e o Budstar ucranio. "Levo máis de 30 anos no fútbol sala e faime unha ilusión grande poder saír do teu país e xogar un torneo aprobado pola Uefa", dixo Delgado.

Comentarios