jueves. 24.10.2019 |
El tiempo
jueves. 24.10.2019
El tiempo

As patronais de Ribadeo arrincan este sábado co pregón de Fabián Pérez

Desfile de cocos e cabezudos. AMA
Desfile de cocos e cabezudos. AMA
O programa da festividade en honra a Santa María do Campo abarca actividades pensadas para todos

Este sábado inaugúranse as festas patronais de Ribadeo co pregón a cargo do xornalista Fabián Pérez. O acto estará presidido polo presidente da comisión organizadora, Juan José Otero, e o alcalde, Fernando Suárez. A xornalista Carmen Cruzado conducirá o acto. Posteriormente haberá unha actuación da coral polifónica.

O próximo día 5 de setembro continuarán os festexos co día infantil. Ás catro da tarde os nenos de entre 3 e 10 anos gozarán de teatro: Storytime Around de world, by Kids&Us School of English Ribadeo. Media hora despois haberá unha festa da espuma e inchables no parque Diverneno. Ás dez e media da noite haberá verbena amenizada polos Satélites. O día 6 as orquestras Nueva Fuerza e Trébol serán as que animen aos asistentes esa noite.

Na mañá da véspera á patroa o grupo Amigos da Gaita acompañarán aos cocos e aos cabezudos ás once e media. A verbena esa noite protagonizarana La Favorita e Passarela, a partir das dez e media. A gran sesión de fogos artificiais será ás doce no peirao. O día grande das patronais será o domingo día 8. A misa solemne, cantada pola coral polifónica de Ribadeo empezará ás doce do mediodía. Despois será a procesión, acompañada pola banda municipal de música ribadense, quen logo actuarán nun concerto diante do concello. Palladium e Televisión amenizarán a festa esa noite. O día dos nenos porá fin ás patronais da localidade.

As patronais de Ribadeo arrincan este sábado co pregón de Fabián Pérez
Comentarios